NOTICIAS

«Señora Ayuso: Non xogue coas palabras, nin cos sentidos delas e menos coas persoas. Todos coñecemos a polisemia. E non insulte ás nosas mulleres en idade fértil, nin a intelixencia dos que temos que sufrir esa falta de formas dos persoeiros públicos»

«Eu son ATS-DUE, un vulgar enfermeiro, colexiado, con anos de profesión e xa xubilado. Vin chorar e asistín  moitas nenas e mulleres de toda idade e condición ‘por seren mulleres’. Tamén asistín moi de cerca a mulleres vítimas e maltratadas pola vida e pola ‘trata’. E agora fago un voluntariado no cárcel. Tamén hai mulleres»

«Vostede, di «está dedicada «a los problemas reales». Por favor. Non use vostede esa linguaxe prepotente, intranscendente, frívola, banal, superficial, demagóxica, vacua, baladí, extravagante, inconsubstancial, lixiera, trivial, fútil… Non é propia de vostede»

«Por favor. Non use vostede esa linguaxe prepotente, intranscendente, frívola, banal, superficial, demagóxica, vacua, baladí, extravagante, inconsubstancial, lixiera, trivial, fútil… Non é propia de vostede»

«Se calquera de nós, profesionais da asistencia pública, desde o servizo de limpeza ata o máis docto especialista, dixésemos estas palabras estariamos encausados e con toda razón»

«Non lle vou rogar escusas para as miñas feridas. Non importan. O PROBLEMA É MOI SERIO. Pero, por favor e por xustiza, trate con máis respecto ás mulleres, ás nenas, ás anciás e velliñas e á ‘condición feminina'»

Generated by Feedzy